A Plataforma Galega de Voluntariado continúa medrando coa incorporación de novas entidades

A Plataforma Galega de Voluntariado segue avanzando no seu proceso de consolidación como rede autonómica de referencia da acción voluntaria en Galicia. Un mes despois da súa constitución oficial, a PGV dá un novo paso adiante coa incorporación de dúas novas entidades, que se suman a este proxecto colectivo desde ámbitos e realidades diversas, sendo 23 organizacións neste momento.

Na última Asemblea Xeral, aprobouse a adhesión de:

A súa incorporación reforza o carácter plural, diverso e interxeracional da Plataforma Galega de Voluntariado, ampliando as miradas e os ámbitos de intervención representados na rede, e fortalecendo a capacidade da PGV para dar resposta aos retos sociais, ambientais e comunitarios actuais.

Desde a PGV celebramos que entidades con traxectorias tan consolidadas decidan sumarse a este espazo común, baseado na cooperación, no respecto á diversidade e na defensa dunha acción voluntaria ética, transformadora e comprometida coa sociedade galega.

A Plataforma Galega de Voluntariado continúa así a súa andaina como un proxecto aberto e en construción permanente, que seguirá medrando coa incorporación de novas entidades e coa participación activa de todas aquelas organizacións que cren no voluntariado como ferramenta de cambio social.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *